escoitar.org )))

2006 - 2016

O 25 de xuño de 2006 fíxose público o mapa colaborativo de Escoitar.org, unha ferramenta nada coa vontade de poñer en valor os sons da contorna e reivindicar a escóita como un proceso fundamental na construción dos discursos culturais.

Este proxecto converteuse así nun espazo pensado mais en “instituír” que en “conservar”, en ofrecer e non en posuír, someténdose a unha “democratización efectiva” que se mide sempre polo criterio da “participación e o acceso ao arquivo, á súa constitución e á súa interpretación” (Derrida).

Sempre tratamos de evitar a mera acumulación abríndoo, ofrecendo a posibilidade de valorar de forma colaborativa a relevancia da paisaxe sonora en diálogo con quen o escoita e producen. Un arquivo colectivo e aberto.

Así, co tempo entendemos que o valor do arquivo non residía nun-escoitar-a-través-do-mapa, senón en algo mais complexo e comprometido.

Non se trataba de poñer o son ao servizo do mapa, se non en poñer o mapa ao servizo da escoita, apelar á nosa percepción para crear un oído crítico froito do cruzamento entre experiencia estética e coñecemento. Sempre poderemos recrear o espazo, imaxinar o lugar, pero non experimentalo desde unha cartografía en toda a súa plenitude, xa que “a esencia da vida, aquilo que é mais crucial non pode representarse no mapa” (Muehrcke).

Hoxe, despois de múltiples intentos de solicitar apoios que fixesen sustentable o mantemento desta ferramenta, e non querendo resignarnos a que vague inerte e estéril como un cadáver dixital, decidimos devolver os seus sons á vida, á súa esencia transitoria.

Cremos que igual que a súa elaboración, a súa desaparición debe ser froito dun acto colectivo e compartido.

Cada vez que escoites unha das mais de 1200 gravacións que no seu día formaron parte de Escoitar.org, esta borrarase da base de datos, desaparecerá como son que é, será de novo algo máis que un arquivo, será un acontecemento.

Moitas grazas a todos os que dedicastes o voso tempo a alimentar con ideas e gravacións Escoitar.org e feliz escoita!

Soundscape можно использовать для повышения эффективности Workday Training несколькими способами. Например, включение звуковых эффектов, таких как набор клавиш на компьютере, может создать реалистичную и увлекательную среду для обучения.

en es gl | + info